NOVO: Orde do 17 de Outubro de
2000 pola que se regula o procedemento de obtención das certificacións
profesionais para a extracción de recursos mariños con técnicas de
mergullo na Comunidade Autónoma de Galicia.
Orde publicada no DOG ó venres 27 de
novembro
O Decreto 210/2000 de 21 de xullo de 2000, regula as
certificacións profesionais para a extracción de recursos mariños con
técnicas de mergullo, sendo indispensable dotalo dunha regulación
xeral de carácter administrativo que recolla os diversos aspectos básicos
e de formación, que permitan un adecuado desenvolvemento das mesmas e
da actividade derivada.
A extracción de recursos mariños con técnicas de
mergullo é unha actividade con presencia significativa no litoral de
Galicia, afectando a especies como a navalla, o ourizo, as algas, os
vermes mariños e algunha outra especie que producen rendas importantes
para os pescadores que a eles se dedican.
A especificidade da dedicación destes pescadores a
esta actividade, tanto no que se refire á súa exclusiva dedicación á
pesca con esta única modalidade como en alternacia con outras
modalidades de pesca, aconsella adaptar a formación destes profesionais
á actividade que realizan e non incluir outras que non figuran na súa
perspectiva vital, centrándose naquelas técnicas que vaian utilizar,
nas normas de seguridade que deben aplicar e nos coñecementos de pesca
que afecten ó seu traballo.
Por outra parte o risco que conleva a práctica de
inmersión e o desenvolvemento dos traballos, fan que a normativa se
oriente a minimizar éste, tendo en conta, en primeiro lugar, a
seguridade do recolector, polo que se establecen as condicións de saúde
do aspirante que deben manterse ó longo da súa vida profesinal, para o
cal ademáis do exámen médico e de evaluación psicolóxica iniciais
faise necesario establecer as correspondentes revisións periódicas.
Por outra parte, a posibilidade que estas técnicas
ofrecen para a explotación dos recursos e o risco de sobreexplotación
que conleva, obliga a incluir nos programas formativos temas de pesca
responsable e xestión dos recursos que posibiliten unha explotación
sostible de ditos recursos.
Unha vez que o citado decreto determina que a
Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura desenvolverá o contido
do mesmo, preténdese con esta orde establecer todo o corpo normativo
necesario para a obtención das certificacións profesionais.
Polo exposto e na súa virtude, esta Consellería,
DISPÓN:
Capítulo I.- Obxecto.
Artigo 1.- A obtención das certificacións
profesionais para a extracción de recursos mariños con técnicas de
mergullo creadas polo Decreto 210/2000 de 21 de xullo de 2000,
reralizarase consonte o establecido na presente orde.
Capítulo II.- Das certificacións e a súa
obtención.
Artigo 2.- As certificacións profesionais para a
extracción de recursos mariños con técnicas de mergullo que poden
obterse en Galicia son:
1.- Recolector en apnea.
2.- Recolector submarino.
Artigo 3.- Para obter unha certificación profesional
para a extracción de recursos mariños con técnicas de mergullo os
aspirantes deberán inscribirse e realizar un curso de formación,
superando á súa terminación unha proba de coñecementos ante un
tribunal designado pola Consellería de Pesca, marisqueo e Acuicultura
nos termos establecidos na presente orde.
Artigo 4.- Consonte co establecido no Decreto
210/2000, de 21 de xullo, para poder optar a unha certificación
profesional para a extracción de recursos mariños con técnicas de
mergullo é necesario reunir condicións físicas acordes cas carácterísticas
da actividade, polo que para o acceso ó curso o aspirante deberá reuni-los
seguintes requisitos:
1.- Ter cumpridos 18 anos de idade. No caso de
aspirar á de recolector en apnea, ter 16 anos cumpridos e posuir
autorización do pai, nai ou titor acreditada documentalmente.
2.- Te-la ensinanza académica obrigatoria.
3.- Supera-lo exame médico de aptitude para o
mergullo segundo o establecido no anexo IX da orde da Consellería de
Pesca, Marisqueo e Acuicultura de 23 de abril de 1999 (DOG nº 90 do
12/5/99).
4.- Supera-las probas físicas que se determinan no
seu contido e mínimos no Anexo III.
Artigo 5.- Os aspirantes a unha certificación
profesional para a extracción de recursos mariños con técnicas de
mergullo, están obrigados a asistir ó curso de formación, sendo
necesario a realización da totalidade das prácticas e a asistencia de
alomenos o 80% das horas de formación teórica para acceder á proba de
avaliación final.
Artigo 6.- A programación xeral, contido teóricos e
prácticos dos cursos de formación para cada unha das certificacións
son as establecidas no anexo IV.
Artigo 7.- A proba de coñecementos final do curso e
a avaliación de aptitude será realizada por un tribunal designado pola
Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, de acordo co
Decreto 428/1993, de 17 de decembro, que estará formado por tres
docentes, un dos cales actuará en calidade de Presidente e outro de
Secretario, e polo Mergullador Instructor Profesional director do curso.
Capítulo III.- Das acreditación persoais do
recolector.
Artigo 8.- Os aspirantes que teñan superado a
avaliación co resultado de aptitude poderán solicita-la súa
acreditación.
Artigo 9.- As acreditacións de recolector en apnea e
de recolector submarino, serán emitidas pola Dirección Xeral de
Formación Pesqueira e Investigación a través do seu Negociado de
Titulacións Nautico-Pesqueiras e rexistradas no Rexistro de Titulacións
Nautico-Pesqueiras existente.
Artigo 10.- As acreditacións de recolector en apnea
e de recolector submarino emitiranse en formato tarxeta de PVC e
corresponderanse co modelo e características que se establecen no anexo
II.
As tarxetas serán renovadas cada 5 anos, debendo
aportarse para dita renovación certificado médico de aptitude para o
mergullo segundo o establecido no anexo IX da orde da Consellería de
Pesca, Marisqueo e Acuicultura de 23 de abril de 1999 (DOG nº 90 do
12/5/99).
Artigo 11.- Os interesados que, despois de superar as
probas de aptitude desexen que se lles emita a correspondente acreditación,
deberán solicitalo por escrito acompañando a seguinte documentación:
1.- Solicitude debidamente cuberta segundo o modelo
do anexo I.
2.- 1 Fotografía recente de tamaño carné, co nome
escrito ó dorso.
3.- Fotocopia compulsada do Documento Nacional de Identidade.
4.- Xustificante de pagamento das correspondentes taxas.
5.- Certificado médico de aptitude para o mergullo
segundo o establecido no anexo IX da orde da Consellería de Pesca,
Marisqueo e Acuicultura de 23 de abril de 1999 (DOG nº 90 do 12/5/99),
sempre que teña transcorrido máis dun ano desde a superación da proba
de aptitude.
Artigo 12.- En caso de extravío, roubo ou destrucción
física da tarxeta poderá expedirse un duplicado que manterá a data de
caducidade que correspondera ó orixinal. Na nova tarxeta emitida para
sustituir á orixinal farase constar que é duplicado do orixinal.
Artigo 13.- A renovación das acreditacións de
recolector en apnea e de recolector submarino será solicitada polos
interesados no último trimestre da súa vixencia.
Artigo 14.- A renovación e emisión do duplicado
realizarase a solicitude do interesado que aportará a documentación
indicada no artigo 10.
Capítulo IV.- Da realización dos cursos.
Artigo 15.- Os cursos para a obtención das
certificacións profesionais para a extracción de recursos mariños con
técnicas de mergullo serán dirixidos e impartidos por un Mergullador
Instructor Profesional coa colaboración do persoal necesario. As dotacións
mínimas de persoas e a súa titulación así como o número máximo de
alumnos por curso axustarase ó disposto no anexo V.
Artigo 16.- Corresponde ó Mergullador Instructor
Profesional, como responsable do curso, adopta-las medidas necesarias
para un correcto aproveitamento das ensinanzas e para garantir en cada
momento o necesario nivel de seguridade ó participantes. Dirixirá e
coordinará as prácticas, asegurándose que se conta co material
necesario para a realización das mesmas nas debidas condicións de
seguridade, e elaborará un procedemento de actuación de emerxencia e
un dispositivo de evacuación para poder poñer en práctica en caso de
accidente.
Disposición Adicional
Única.- A práctica por un pescador profesional de
inmersións para recolectar ou extraer recursos mariños realizarase
dacordo co establecido nas Normas de seguridade para o exercicio de
actividades subacuáticas establecidas por orde do Ministerio de Fomento
de 14 de outubro de 1997 (BOE nº 280 de 22 de novembro de 1997).
Disposicións finais.
Primeira.- A presente Orde entrará en vigor o día
seguinte ó da súa publicación na Diario Oficial de Galicia.
Segunda.- Facúltase á Dirección Xeral de Formación
Pesqueira e Investigación para a publicación daquelas disposicións
necesarias para o desenvolvemento da presente Orde.
Santiago de Compostela, de de 2000
O CONSELLEIRO,
Asdo.: Amancio Landín Jaraiz.PROCEDEMENTO
SOLICITUDE DE TARXETA DE CERTIFICACIÓN PARA A
EXTRACCIÓN DE RECURSOS PESQUEIROSCÓDIGO
DO
PROCEDEMENTODOCUMENTO
SOLICITUDE
DATOS DO SOLICITANTE
APELIDOS
NOME
D.N.I.(con
letra)
TELÉFONO:
DIRECCIÓN:
LOCALIDADE
PROVINCIA
COD. POSTAL
1º-DESEXA A ______________________________ DA
TARXETA DE:
(Expedición, renovación, duplicado)
? RECOLECTOR EN
APNEA.
? RECOLECTOR SUBMARINO.
Lugar donde se realizou o exame: Data:
DOCUMENTACIÓN QUE SE PRESENTA:
Documentación común: ? 1 fotografía. ?
Fotocopia compulsada do DNI
? Xustificante de pagamento das taxas
correspondientes.
? Certificado médico de aptitude ? Certificado da
Seguridade Social
de non ser pensionistaRenovación:
? Fotocopia da tarxeta antigua.
? Certificado da Seguridade
Social de non ser pensionista.
Duplicado:
? Declaración xurada de extravío ou roubo.
FIRMA DO SOLICITANTE OU PERSOA QUE O
REPRESENTARECIBIDONºEXPEDIENTEDATA
, a de de 200REVISADO E CONFORMEFECHA DE EFECTOSDATA
DE SAIDA
ILMO. SR. DIRECTOR XERAL DE FORMACIÓN PESQUEIRA E
INVESTIGACIÓN.- SANTIAGO DE COMPOSTELA ANEXO
II
MODELOS E CARACTERÍSTICAS DAS ACREDITACIÓNS DE
RECOLECTOR A MERGULLO.
As tarxetas responderán ó modelo que corresponda
coas seguintes características:
Material: PVC (Cloruro de vinilo) laminado ou
equivalente
Tamaño: 85,69 mm longo por 53,98 mm de ancho
Grosor: 0,76 mm
Suxeitas ás normas ISO 7810 y 7811.
Fotografía: Integrada por dixitalización a cor
Anverso: Fondo azul (Pantone Process cyan 2); Impresión
en negro.
Reverso: Fondo branco con escudo de Galicia en azul.
Impresión en negro
ANEXO III
PROBAS QUE DEBEN SUPERA-LOS ASPIRANTES A UNHA
CERTIFICACIÓN PROFESIONAL PARA A EXTRACCIÓN DE RECURSOS PESQUEIROS CON
TÉCNICAS DE MERGULLO PARA INSCRIBIRSE NOS CURSOS DE FORMACIÓN.
As probas que deben supera-los aspirantes son:
1.- Recolector en apnea
Probas específicas:
Supera-las seguintes probas físicas en piscina ou
augas someras (menos de 2 m).
1.- Facer unha apnea de 1 minuto
2.- Nadar 400 metros braza.
2.- Recolector submarino
Probas específicas:
Supera-las seguintes probas físicas en piscina.
1.- Nadar estilo libre de forma continuada 100 m.
Esta proba realizarase en piscina con bañador e
gafas de piscina unicamente.
Estarán exentos de efectua-las probas físicas de
acceso ó curso de recolector submarino aqueles candidatos que xa estean
en posesión do título de recolector en apnea.
2.- Supera-lo test de compresión e tolerancia ó osíxeno hiperbárico.
5 minutos a 50 m.c.a. en cámara hiperbárica
respirando aire.
30 minutos a 18 m.c.a. respirando osíxeno medicinal.
ANEXO IV
PROGRAMAS DE FORMACIÓN PARA CADA CERTIFICACIÓN
O programa de formación de cada certificación
axustarase ó seguinte deseño curricular.
1.- RECOLECTOR EN APNEA
OBXECTIVO XERAL
Realizar traballos de extracción e recursos mariños
de maneira segura, competente e responsable ata unha profundidade de 10
metros, utilizando exclusivamente técnicas de mergullo en apnea.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
¨ Coñece-los parámetros físicos elementais que
rixen o mergullo en apnea
¨ Coñecer e utilizar con seguridade o equipo de
mergullo en apnea
¨ Coñecer e realizar os procedementos laborais e
especialmente os de seguridade.
¨ Traballar en equipo
¨ Coñece-los accidentes máis comúns nesta
actividade e a súa prevención.
¨ Realizar primeiros auxilios
¨ Realizar procedementos de emerxencia e evacuación
¨ Desenvolver unha conciencia responsable ante os
recursos mariños
CONTIDOS
Teóricos
1.- Física aplicado ó mergullo en apnea
A presión
Lei de Boyle-Mariotte. Aplicación prácticas
2.- O equipo de protección individual para a práctica
do mergullo en apnea.
A máscara
O tubo respiratorio
O traxe, escarpíns, etc.
O cinturón de lastre
As aletas
O coitelo
As luvas
A boia
3.- Técnicas de inmersión en apnea
Preparación previa á inmersión
O descenso: técnicas de inmersión, golpe de ril,
etc.
Manobras máis frecuentes de compensación dos oídos
A navegación baixo a auga, en apnea
O ascenso. Precaucións e seguridade
A inmersión en parellas
4.- Anatomía e fisioloxía humana elemental.
O sistema respiratorio
O sistema circulatorio
5.- Fisiopatoloxía da inmersión en apnea
Barotraumas
Accidentes biofísicos
Accidentes debidos á fauna mariña
Accidentes laborais motivados por axentes externos
6.- Primeiros auxilios
Técnicas de rescate do accidentado
Técnicas de reanimación cardiopulmonar
Procedementos de emerxencia e evacuación
Hemorraxias
Actuación ante un proceso alérxico motivado pola
fauna mariña
O botiquín de emerxencia
7.- Procedementso de traballo. Seguridade e saúde
laboral
Normas de seguridade para a práctica de actividades
subacuáticas de aplicación.
O xefe do equipo
Equipos de protección individual en terra, a bordo e
baixo a auga
Planificación do traballo. O traballo en equipo
A embarcación de apoio. Funcións
Sinalización das zonas de traballo
Elaboración do plan de emerxencias e de evacuación
As comunicacións
Normas elementais para a prevención da saúde e de
hixiene persoal
8.- A extracción de recursos responsable
Os recursos pesqueiros. A Pesca Responsable. Aplicacións
á actividade dos mariscadores en apnea
Breves reseñas da bioloxía das especies a extraer
Normativa marítimo-pesqueira autonómica aplicable
Prácticos
1.- En terra
Mantemento e reparación elemental do equipo
Técnicas correctas de respiración e de preparación
para a apnea
Técnicas de reanimación cardiopulmonar
2.- En piscina ou augas confinadas (profundidade
menor de 2 m)
Equiparse correctamente
Técnicas de entrada na auga
Navegación en superficie:
Boca abaixo co tubo respiratorio e máscara
De espalda
Boca abaixo co tupo e sen máscara
Técnicas de inmersión: o golpe de ril
Navegación baixo a auga
Remolque do compañeiro
Colocarse a máscara baixo a auga
Técnicas de relaxación baixo a auga
Recorridos crecentes
3.- No mar (en profundidades crecentes ata 10 m)
Recorridos en superficie
Realización dunha simulación dun procedemento de
recuperación, rescate e evacuación dun mergullador en apnea
accidentado.
Realización de traballos de extracción (simulación)
a profundidades crecentas, en parellas, aplicando todo-los coñecementos
adquiridos.
NORMAS PARA A REALIZACIÓN DE PRÁCTICAS
1.- En piscina ou augas confinadas (profundidade
menor de 2 m) o número mínimo de xornadas de prácticas será de 6.
Soamente se poderá realizar unha diaria.
2.- No mar o número mínimo de xornadas de prácticas
será de 6. Soamente se poderá realizar unha diaria.
3.- Os alumnos deben totalizar unha distancia total mínima
en recorridos en superficie non inferior a 10 kilómetros no transcurso
do curso.
4.- Os alumnos deben totalizar, como mínimo, 12
horas de traballo efectivo no mar, simulando traballos de extracción.
Será realizado en profundidades crecentes.
CARGA HORARIA DO CURSO: 50 HORAS LECTIVAS (15 TEÓRICAS
E 35 PRÁCTICAS).
2.- RECOLECTOR SUBMARINO
OBXECTIVO XERAL
Traballar na recolección subacuática de recursos
pesqueiros de forma segura, competente e responsable ata unha
profundidade de 12 metros utilizando como gas respirable o aire, con
equipos de suministro desde a superficie.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
¨ Ter un nivel de formación teórica e práctica
suficiente para comprender e efectuar os cálculos para a realización
de inmersións seguras. Traballar en equipo.
¨ Coñece-los accidentes máis comúns desta
actividade e a súa prevención. Realizar primeiros auxilios básicos.
¨ Te-la acuaticidade adecuada e manexar con
seguridade o equipo básico mínimo de buceo con suministro desde a
superficie.
¨ Desenvolver unha conciencia responsable ante os
recursos pesqueiros.
CONTIDOS
Teóricos
1.- Lexislación (3 horas)
As normas de seguridade para a práctica das
actividades subacuáticas.
As titulacións e cualificacións e as súas
competencias.
Nomativa sobre hixiene e prevención de riscos laborais.
2.- Física aplicada ó megullo con aire (4 horas)
Os parámetros físicos elementales que rixen no
mergullo con aire comprimido. Flotabilidade. Principio de Arquimedes
A presión. Lei xeneral dos gases. Lei de Charles
Lei de Boyle-Mariotte. Aplicación práctica.
Leis de Dalton e Henry. Concepto e aplicación práctica.
3.- Fisioloxía aplicada ó mergullo con aire (4
horas)
Sistema respiratorio.
Sistema circulatorio.
Oído e senos.
Efectos da presión da presión sobre o corpo humán.
Accidentes derivados da práctica do mergullo con
aire.
Xerais. No descenso. No ascenso.
4.- Primeiros auxilios (4 horas)
Recoñecemento dos síntomas dun accidente de
mergullo. Parada cardiorrespiratoria e técnicas de reanimación.
Feridas, hemorraxias, fracturas, queimaduras,
electrocucción, asfisia e edema pulmonar, hipo e hipertemia.
Traslado do accidentado.
5.- Técnicas de mergullo (4 horas)
Manexo e interpretación de tablas de mergullo.
Manexo do equipo básico de inmersión de suministro
desde a superficie.
Comunicación e sinais entre buceadores.
6.- Planificación e organización do traballo subacuático
(1 hora)
Composición, funcións e responsabilidades dos
membros integrantes dun equipo de traballo subacuático.
Elaboración dun plan de emerxencia e evacuación.
7.- A extracción de recursos responsable (9 horas)
Os recursos pesqueiros. A pesca responsable. Aplicación
á actividade dos recolectores subacuáticos.
O marisqueo como actividade económica.
Xeneralidades sobre o medio mariño.
Especies mariñas de interese marisqueiro. O ourizo A
navalla e o longueirón.
Evolución dun bamco natural: a explotación racional
do recurso. Os Plans de Explotación.
O PERMEX e a Lei de infraccións en materia de
protección de recursos.
A organización. Concepto de organización no ámbito
do marisqueo. Vantaxes. Obxectivos.
As Confrarías de Pescadores. A condición de socio.
Dereitos e obrigas. Os órganos rectores das confrarías. As agrupacións
de mariscadores.
Órganos da Comunidade autónoma. A Consellería de
Pesca, Marisqueo e Acuicultura.
A comercialización.
Fiscalidade: O imposto sobre o valor engadido (I.V.E.)e
o Imposto sobre a rendas das persoas físicas (I.R.P.F.).
O sistema español de Seguridade Social: réximes. O
Réxime Especial dos Traballadores do Mar (R.E.M.). As prestacións. Os
convenios especiais.
Prácticos
1.- A Piscina ou augas confinadas (ata 2 m)(10 horas)
En tres sesións.
Adaptación ó traxe seco. Outros tipos de traxes.
Natación por superficie con traxe seco, aletas,
gatas, tubo, cinto de lastre. Idem con outros tipos de traxe.
Ensamblaxe do equipo básico de mergullo con
suministro desde a superficie:
Suministro principal
Suministro de emerxencia
Catro distribución
Comunicacións alámbricas portátiles
Máscara facial e demanda lixeira
Botella de emerxencia do mergullador
Umbilical de mergullo
Equipo persoal do mergullador
Practicar os roles do grupo de traballo.
Xefe de Equipo: Listas de comprobación, manipulación
e control do cadro de distribución.
Axudante de mergullo: Equipa e desequipa ó
mergullador. Controlar os umbilicais.
Mergullador de emerxencia: simulación de situación
de emerxencia.
Mergullador:
Entradas á auga
Prácticas de comunicacións: orais e por tiróns.
Prácticas de flotabilidade.
Natación con aletas e sen ellas.
Prácticas de emerxencia.
Corte de suministro de aire.
Simulación de aboiamento.
Enredo de umbilicais.
Inundado da máscara facial.
2.- Prácticas en augas libres (suministro desde a
superficie).
Realizaranse alomenos 6 sesión nas que cada alumno
deberá permanecer baixo a auga un minimo de 50minutos en cada unha
delas, efectuándose en profundidades crecentes entre 4 e 12 m.
Prácticas de emerxencia.
Prácticas de aboiamento con traxe seco.
Corte de suministro de aire.
Enredo de umbilicais.
Inundado de máscara facial.
Comunicacións Superficie-buceador-superficie e entre mergulladores.
Nota: Non se poderán simultanear sesión de mar e de
piscina no mesmo día.
Non se efectuará máis dunha sesión de mar ou
piscina no mesmo día.
CARGA HORARIA DO CURSO: 60 HORAS LECTIVAS (25 Teóricas
e 35 Prácticas).
ANEXO V
MÍNIMOS NECESARIOS DE PERSOAL E TITULACIÓN PARA
IMPARTIR OS CURSOS DE HABILITACIÓN PROFESIONAIS PARA A EXTRACCIÓN DE
RECURSOS PESQUEIROS CON TÉCNICAS DE MERGULLO
Nº MÁXIMO DE ALUMNOS POR CURSO
Recolector en Apnea: 20 alumnos
Recolector submarino: 12 alumnos
PERSOAL MÍNIMO NECESARIO POR CURSO
1.- RECOLECTOR EN APNEA
1 Mergullador Instructor profesional
1 Mergullador Profesional de 2ª clase
1 Licenciado en Medicina e Ciruxía inscrito no censo
establecido na orde da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura do
23 de abril de 1999 (DOG nº 90 do 12/5/99).
2.- RECOLECTOR SUBMARINO
1 Mergullador Instructor profesional
2 Mergulladores profesionais de 2ª clase
1 Biólogo cun curso de formación de formadores para
a formación de mariscadores da Consellería de Pesca, Marisqueo e
Acuicultura
1 Licenciado en Medicina e Ciruxía inscrito no censo
establecido na orde da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura do
23 de abril de 1999 (DOG nº 90 do 12/5/99)
|